O alumnado realizou unha saída ao Auditorio de Verín para asistir á representación teatral da obra titulada “Cincenta só quere bailar”, unha proposta chea de creatividade, música e mensaxes inspiradoras. Esta versión do conto clásico de Cincenta presenta unha mirada diferente e actualizada do personaxe. Nesta ocasión, Cincenta non soña cun príncipe nin cun castelo, senón que ten un obxectivo moito máis persoal e auténtico: bailar e seguir os seus propios soños. A obra transmi