Vivimos rodeados de présas, pantallas, tarefas e horarios. Por iso, ás veces o mellor plan é simplemente abrir un libro e deixarse levar por unha boa historia. Desde a biblioteca escolar queremos compartir unha selección de lecturas especialmente pensadas para desconectar, relaxarse e dedicar un tempo a un mesmo. Son libros que nos fan rir, emocionarnos, reflexionar ou viaxar a outros lugares sen movernos do sofá.
Chegan as vacacións de Nadal, un tempo perfecto para descansar, compartir momentos especiais coa familia e os amigos... e tamén para viaxar a través dos libros. Desde a biblioteca queremos propoñervos unha selección de lecturas para todas as idades e gustos, co obxectivo de que cada lector e lectora atope unha historia coa que emocionarse, aprender ou simplemente gozar. ADEMAIS DOS LIBROS DA IMAXE TAMÉN VOS RECOMENDAMOS OS SEGUINTES Para os máis pequenos (Educación Infantil)