top of page

CAN PALLEIRO (PATIOS DINÁMICOS)

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 25 jun 2024
  • 1 Min. de lectura

O 28 de maio tivemos unha visita moi especial no cole de Laza!


A mamá dun dos nosos alumnos agasallounos coa súa presenza e trouxo consigo a súa encantadora cadela de raza Can de Palleiro, Bría.


Esta fermosa raza, orixinaria de Galicia, foi unha marabilla para todos nós. Non só coñecemos a historia e as características dela, senón que tamén tivemos a oportunidade de interactuar con ela e ver de preto o seu carácter nobre e simpático. Os nenos e nenas estaban emocionados e cheos de preguntas e a nosa visitante peluda foi marabillosa, amosando por que esta raza é tan especial.











Commentaires


bottom of page