top of page

MILLA DIARIA 2023-2024

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 27 jun 2024
  • 1 Min. de lectura

Por 3º curso consecutivo participamos no Proxectos de Vida Activa e Deportiva que consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.


Unha das súas modalidades é a "Milla diaria" cuxos obcectivos son:


-Realizar unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo.


-Incrementar a actividade física diaria dentro do horario lectivo.


-Medir o impacto na saúde do alumnado a través do seguimento duns parámetros mínimos saudables (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla <IMC>).


-Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).







Comentarios


bottom of page