top of page

PARQUE MULTIAVENTURA VIGO - SANABRIA LAKE E CENTRO DO LOBO IBÉRICO

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 25 jun 2024
  • 1 Min. de lectura

O 14 de xuño realizamos unha excursión educativa de fin de curso!


O noso alumnado viviu este ano unha experiencia inesquecible visitando o Parque "Multiaventura Vigo-Sanabria Lake" e o "Centro do Lobo Félix Rodríguez de la Fuente".


No parque mergulláronse nunha xornada chea de aventuras, participando en actividades como tirolinas e escalada, todas elas en pleno contacto coa natureza.


Especialmente enriquecedora foi a visita ao Centro do Lobo, onde coñecemos a importancia deste maxestuoso animal no noso ecosistema e a súa conservación. Os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de observar os lobos no seu hábitat natural e coñecer os esforzos para protexer esta especie.


Foi unha xornada chea de aprendizaxe, diversión e respecto polo medio ambiente e pola fauna local. Unha experiencia educativa que lembraremos para sempre!














Comments


bottom of page