Esta semana demos o pistoletazo de saída ao club de lectura de 2º e 3º de Primaria , unha actividade moi esperada polas nosas lectoras e lectores máis novos. E fixémolo cun libro cheo de maxia, aventura e natureza: Liana y los árboles cantores . Nesta historia coñecemos a Liana , unha nena que acaba de cumprir oito anos e que se converte na gardiana da Poza Silenciosa . Nesta segunda misión, o bosque enfróntase a un inmenso perigo: unha tormenta estala de súpeto e os raios pr