top of page

Arrinca o club de lectura de 2º e 3º de Primaria!

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 5 dic
  • 2 Min. de lectura

Esta semana demos o pistoletazo de saída ao club de lectura de 2º e 3º de Primaria, unha actividade moi esperada polas nosas lectoras e lectores máis novos. E fixémolo cun libro cheo de maxia, aventura e natureza: Liana y los árboles cantores.


ree

Nesta historia coñecemos a Liana, unha nena que acaba de cumprir oito anos e que se converte na gardiana da Poza Silenciosa. Nesta segunda misión, o bosque enfróntase a un inmenso perigo: unha tormenta estala de súpeto e os raios provocan un incendio que ameaza con arrasar todo.Pero… como logrará Liana deter o lume?E aínda máis intrigante: onde está Miel? A súa amiga enfadouse e marchou sen dicir palabra, deixando a Liana soa nun momento tan importante.


Este libro conecta directamente coa temática do noso PDI “Latexo Verde”, centrado no coidado da natureza, a conciencia ambiental e a relación emocional que temos co contorno que nos rodea. A aventura de Liana convídanos a reflexionar sobre a importancia de protexer os bosques e entender o delicado equilibrio dos ecosistemas.


Para descubrir o libro, as nenas e os nenos participaron nunha actividade moi especial: tiveron que ordenar as fichas dun crebacabezas ata formar a portada. A expectación medrou a medida que ían encaixando as pezas, e cando por fin apareceron Liana e os misteriosos árbores cantores… a ilusión foi enorme!



Despois, abriron un pequeno debate: De que pensaban que podería tratar o libro? As hipóteses foron de todo tipo: dende aventuras con animais ata misterios máxicos agochados no bosque. Agora comeza o mellor: comprobar, capítulo a capítulo, cales destas ideas se fan realidade.

Estamos seguras e seguros de que este club de lectura será unha gran viaxe compartida.Que comece a aventura!

Comentarios


bottom of page