Ao longo deste curso tivemos a sorte de contar coa colaboración da Furgoteca, o servizo de biblioteca móbil da Xunta de Galicia, unha iniciativa que achega a lectura e a cultura aos diferentes recunchos do territorio e que visita o noso centro unha vez ao mes. Cada visita convértese nun momento moi esperado polo alumnado, xa que lles permite realizar préstamos e devolucións de libros, descubrir novas lecturas e acceder a fondos bibliográficos que complementan os recursos da n