Nos últimos días tivemos a oportunidade de realizar unha enriquecedora videoconferencia co CEIP San Benito de Lérez, na que compartimos unha das tradicións máis representativas da nosa cultura: o traxe do Peliqueiro. Co obxectivo de explicar de maneira práctica e próxima todos os detalles desta figura tan importante do Entroido, contamos coa colaboración de dúas veciñas da nosa aldea que, desde hai anos, participan na preparación e no vestido dos Peliqueiros. A súa experienci