ENTREVISTA BEGOÑA CAAMAÑO 2026
- O Raposo Fachón

- 28 may
- 2 min de lectura

No marco das actividades que estamos a realizar coa radio escolar do noso centro, o alumnado do CEIP O Castiñeiro de Laza participou nunha actividade moi especial para conmemorar o Día das Letras Galegas 2026 Día das Letras Galegas, dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño.
A proposta consistiu na creación dun programa de radio no que o alumnado preparou e gravou unha entrevista imaxinaria á autora homenaxeada, representada pola mestra de infantil.
A través dunha pequena investigación sobre a súa vida e a súa obra, os nenos e nenas elaboraron preguntas sinxelas e significativas ás que unha mestra deu resposta interpretando o papel de Begoña Caamaño. Participou ademais a cociñeira do colexio coa biografía da autora e a mestra de PROA coa presentación.
Esta actividade permitiu achegar ao alumnado á figura da escritora dunha maneira dinámica e motivadora. Ao mesmo tempo, traballáronse habilidades de expresión oral, lectura expresiva, escoita activa e comunicación, fundamentais no desenvolvemento das competencias lingüísticas.
A gravación realizouse na aula da radio escolar, utilizando Audacity, unha ferramenta de edición de son que nos permitiu descubrir os segredos da produción radiofónica: gravar voces, eliminar erros, incorporar música, axustar volumes e crear un programa completo con introdución, entrevista e despedida, todo eso coa mesa de son, micros, etc.
Ademáis usamos, ACK PRO, micrófono inalámbrico Android con USB-C, microfono de Solapa con Clip para Grabación de Vídeo, Youtube, Twitch, TikTok Podcast, en Vivo con cancelación de Ruido.
Creamos a musica de fondo intrumental con Suno:
Ademais de coñecer mellor a obra de Begoña Caamaño e a importancia da literatura galega, o alumnado puido experimentar o traballo colaborativo que require a creación dun produto radiofónico. Cada participante asumiu un papel diferente: presentadores, entrevistadores, técnicos de son ou intérpretes, contribuíndo ao éxito do proxecto.
Esta experiencia demostrou unha vez máis o enorme potencial da radio escolar como ferramenta educativa.
A radio converte a aprendizaxe nun proceso activo e creativo, fomenta a confianza para falar en público e axuda a desenvolver a competencia dixital dun xeito práctico e motivador.
Desde o cole de Laza seguimos apostando por metodoloxías innovadoras que conectan a escola coa realidade e que permiten ao alumnado aprender facendo. Nesta ocasión, a radio serviunos para celebrar a nosa lingua, a nosa cultura e o legado dunha autora imprescindible das Letras Galegas.
🎙️📚✨







Comentarios