O 21 de xuño tivemos unha xornada especial no patio do noso colexio. A actividade estivo centrada na educación vial e no uso responsable das bicicletas. Tivemos a sorte de contar coa colaboración do papá de Lúa e Aldán, J. Antonio "Ñaka", experto ciclista e apaixoado da bicicleta.
Os nenos e nenas desfrutaron dunha xornada chea de aprendizaxe e diversión. Primeiro, recibiron unha charla sobre as normas básicas de circulación, a importancia do casco, e como sinalizar correctamente os xiros e paradas. Logo, pasaron á práctica nun circuíto que preparamos no patio do colexio, onde puxeron en práctica todo o aprendido.
Agradecemos enormemente ao papá dos nosos alumnos pola súa implicación e dedicación. Grazas a el, os nosos alumnos e alumnas están agora máis preparados para circular de forma segura en bicicleta. Seguiremos promovendo estas iniciativas que combinan deporte, seguridade e aprendizaxe!
Comments