top of page

TEATRO

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 25 jun 2024
  • 1 Min. de lectura



O 18 de xaneiro o alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria asistíu ao auditorio de Verín para desfrutar da obra de teatro "Los Tres Mosqueteros". Aventura, emoción, amor e traición son os ingredientes do clásico máis coñecido de Alejandro Dumas. Unha amizade inquebrantable e un amor defendido a capa e espada é a esencia dunha historia trepidante que conquista xeración tras xeración, e que mantivo aos alumnos e alumnas expectantes e en garda durante todo o espectáculo.


O alumnado de Infantil e 1°, 2° de Primaria acudíu o 16 de febreiro ao auditorio de Verín á representación da obra "El Mago de Oz", un remuíño de diversión e aventura coa compañía da incrible Dorothy, o tenro Home de Lata, o práctico Sr. Espantallos e o simpático León na viaxe máis emocionante das súas vidas. Un camiño de ladrillo amarelo cheo de anécdotas divertidas e aventuras.





Comentários


bottom of page