top of page

CONTOS QUE COBRAN VIDA

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 16 ene
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 21 sept

Este ano aventurámonos a levar a práctica un proxecto documental integrado a nivel global de centro.


ree


Iniciamos o curso 2024-2025 querendo ir máis aló nas nosas prácticas didácticas. Isto levounos a plantearnos o traballo por proxectos a nivel centro. Así, dende a biblioteca e co resto de equipos, tomouse a decisión de abordar o tema do teatro seguindo as liñas de actuación das bibliotecas escolares de Galicia, as cales se centraron neste xénero.

Os proxectos permite traballar contidos de diversa índole dunha forma dinámica e motivadora.

Comezamos trazando un plan de acción. Así no primeiro trimestre presentámoslle a proposta ao alumnado a través dunha caixa misteriosa que aparecía nas aulas. Dentro desta caixa (acompañada pola mascota da biblioteca) había varios elementos relacionados co teatro. O alumnado tiña que tocar, manipular, organizar,...ata descubrir de que temática se trataba.


ree
ree
ree



FAMILIAS


O seguinte paso foi informar as familias desa nova iniciativa a través dun tríptico explicativo. Así mesmo, convidámolas a participar de forma activa neste proxecto, xa que consideramos esencial a unión casa-escuela para un bo desenvolvemento do alumnado.


ree
Todos e todas aqueles membros da nosa comunidade educativa están invitados a participar neste proxecto.



Continuaremos subindo as novidades relacionadas con esta nova aventura que estamos a vivir.

Entradas recientes

Ver todo
OBRADOIRO DE TEATRO CON MANUEL

Durante o día de hoxe, tivemos a oportunidade de desfrutar dunha xornada moi teatral. Para iso, tivemos a visita de Manuel, quen adica a...

 
 
 

Comentarios


bottom of page