Co obxectivo de facilitar a busca e localización dos fondos bibliográficos, durante estas semanas levamos a cabo unha importante mellora na organización da nosa biblioteca escolar. Por unha banda, elaboráronse e colocáronse carteis identificativos da CDU (Clasificación Decimal Universal) en cada un dos andeis. Grazas a esta sinalización, o alumnado pode identificar con maior facilidade a temática dos libros e comprender mellor como se organiza a información na biblioteca. Est