Melloramos a organización da nosa biblioteca
- O Raposo Fachón

- 30 abr
- 2 min de lectura
Actualizado: hace 2 días
Co obxectivo de facilitar a busca e localización dos fondos bibliográficos, durante estas semanas levamos a cabo unha importante mellora na organización da nosa biblioteca escolar.
Por unha banda, elaboráronse e colocáronse carteis identificativos da CDU (Clasificación Decimal Universal) en cada un dos andeis. Grazas a esta sinalización, o alumnado pode identificar con maior facilidade a temática dos libros e comprender mellor como se organiza a información na biblioteca. Esta actuación contribúe a fomentar a autonomía dos usuarios e a desenvolver a súa competencia informacional.
Por outra banda, tamén se realizou unha reorganización parcial dalgúns fondos de ficción narrativa. Dentro desta sección establecéronse diferentes categorías temáticas para favorecer a localización dos libros segundo os intereses do alumnado. Así, por exemplo, os contos protagonizados por animais sitúanse nun apartado específico, mentres que aqueles centrados en persoas, familias ou relacións persoais agrúpanse noutra sección diferenciada.
Así mesmo, tamén se crearon unhas tarxetas para clasificar os xogos de mesa.
Esta nova organización permite que os nenos e nenas atopen con máis facilidade as lecturas que buscan, favorece o préstamo autónomo e converte a biblioteca nun espazo máis accesible, funcional e atractivo para toda a comunidade educativa.
Ademais, elaboráronse carteis identificativos individuais para o alumnado co fin de facilitar a correcta colocación dos libros unha vez consultados. Cada neno e nena pode colocar temporalmente o seu cartel no lugar do estante de onde colleu un libro, de maneira que, ao rematar a lectura ou consulta, poida devolvelo exactamente ao seu sitio. Esta medida contribúe a manter a orde dos fondos, favorece a autonomía do alumnado e axúdao a familiarizarse coa organización da biblioteca e co sistema de clasificación empregado.
Seguimos traballando para que a nosa biblioteca sexa un lugar cada vez máis acolledor, organizado e cheo de oportunidades para descubrir novas lecturas.
O documento realizado para esta clasificación está centrando no cartel diseñado por Oscar Villán: https://ovillan.com/otros/cdu-ilustrada/
Enlace documento apartados CDU para os estantes.







Comentarios