Esta mañá quedamos sorprendidos coa visita de Ester Estévez ao noso cole! Foi unha sorte poder conmemorar con ela o día das Letras Galegas, falando sobre a súa profesión e o labor que fai a prol da nosa lingua. Ademais de disfrutar da súa compaña e botar unhas risas con ela, puidemos facerlle unha entrevista na nosa Radio Fachón, que podedes xa escoita na web da biblioteca. Moitísimas gracias @esther.estevez por a tu visita e por todo o que fas no teu traballo por o Galego. Foi un orgullo coñecerte!
Esther Estévez Casado, nada en Verín o 18 de novembro de 1997, é unha xornalista galega, máis coñecida como a presentadora do programa Dígocho eu da TVG, un programa de divulgación para mellorar o uso da lingua galega.
Esther estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa no departamento de Tempo Real, na Área de Información da TVG dende setembro do 2019 e presenta o programa Dígocho eu dende xaneiro de 2020. Trátase dun programa diario de curta duración que se difunde a través de G24.gal, e redes sociais como YouTube, Instagram e TikTok.
O 18 de outubro de 2020, Estévez pasou a presentar tamén o programa Cachadas, un espazo semanal de humor que recolle algúns dos momentos divertidos da programación da TVG.
Dende o 17 de maio de 2021, Esther presenta Dígocho eu no Twitch da CRTVG con dous programas semanais: o primeiro, «O reto do #DígochoEu», onde realiza entrevistas e probas lingüísticas a personaxes relevantes galegofalantes; e o segundo, «Apúntamento lusófono», que se emite dende o 19 de maio, o cal presenta xunto co actor portugués Rodrigo Paganelli, no cal Esther trata de aprender portugués, e Rodrigo galego. Posteriormente, estes programas son resubidos á páxina web e a canle de YouTube da TVG.
O 19 de marzo de 2022 recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora na 20ª edición dos premios[5] polo programa Dígocho eu, que tamén gañou o premio a mellor programa de televisión.
תגובות