top of page

Novos materiais para o noso laboratorio creativo

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 23 abr
  • 1 Min. de lectura

O noso laboratorio creativo segue medrando… e enchéndose de posibilidades! Estes días recibimos novos materiais que xa están espertando a curiosidade e as ganas de experimentar do alumnado.


Por unha banda, incorporamos Conextix, un recurso perfecto para montar e construír estruturas sorprendentes. Ademais, chega cunha novidade moi especial: unha modalidade de circuítos pensada para que as bolas poidan rodar, abrindo a porta a retos de enxeñaría, probas e moita creatividade.


Tamén contamos agora con pezas Makedo, ideais para traballar co cartón. Grazas a elas, o alumnado pode montar, desmontar e transformar todo tipo de ideas en creacións reais, dando renda solta á imaxinación e apostando pola reutilización de materiais. Desta forma tamén damos resposta as iniciativas do programa Sostilab no que estamos inmersos.


Ademais, chegaron novos libros para acompañar o traballo coas pezas Kappla, con propostas de construción de diferentes niveis. Dende retos máis sinxelos ata estruturas máis complexas, estes recursos permitirán avanzar pouco a pouco, mellorando a técnica, a paciencia e a precisión.


E como non podía ser doutro xeito… ampliamos a nosa colección de Lego, que segue a ser todo un éxito. Construcción libre, retos, colaboración… horas de aprendizaxe que pasan voando!


Pero non todo queda no interior. O laboratorio creativo tamén mira cara ao exterior: incorporamos un microscopio de Kidywolf e uns binoculares que nos permitirán observar, investigar e descubrir o mundo que nos rodea, tanto no patio como nas nosas saídas.


Cada novo material é unha invitación a explorar, probar, equivocarse e volver intentar. Porque no noso laboratorio creativo, aprender significa facer, tocar, experimentar… e, sobre todo, gozar do proceso.

Seguimos fedellando!


Comentarios


bottom of page