top of page

Latexo Verde: unha exposición para poñer en valor todo o aprendido

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 29 jun
  • 1 min de lectura

Despois de todo un curso de investigación, descubrimentos e aprendizaxes, o noso PDI Latexo Verde chegou ao seu remate cunha exposición final na que quixemos compartir con toda a comunidade educativa o traballo realizado.

Nesta mostra recolleuse todo o material elaborado polo alumnado ao longo do proxecto, sempre guiado e acompañado polo profesorado. Murais, maquetas, cadernos do proxecto, creacións artísticas, fotografías e outros traballos permitían facer un percorrido por todas as actividades desenvolvidas e poñer en valor o esforzo, a creatividade e a implicación das nenas e dos nenos.

A exposición permaneceu aberta para que as familias puidesen visitala con calma e coñecer de primeira man todo o proceso de aprendizaxe vivido durante estes meses. Ademais, coincidindo coa celebración do festival de fin de curso, aproveitamos a presenza de toda a comunidade educativa para ensinarlles a exposición e compartir con elas o resultado deste fermoso proxecto.


Foi unha maneira moi especial de pechar Latexo Verde, celebrando non só todo o aprendido sobre o coidado dos nosos montes e do medio natural, senón tamén o valor do traballo en equipo, da investigación e da colaboración entre escola e familias.

Comentarios


bottom of page