top of page

O
RAPOSO
FACHÓN
BIBLIOTECA DO CEIP O CASTIÑEIRO




CATÁLOGO BIBLIOTECA
Bibliotecas Escolares de Galicia
GUÍA
USO BIBLIOTECA
Enquisas docentes
Enquisa familias
Enquisas Alumnado

Buscar


O NOSO IDIOMA: O GALEGO
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, levamos a cabo unha actividade moi especial para poñer en valor a nosa lingua e achegar ao alumnado á riqueza da literatura galega. A proposta consistiu no deseño e elaboración de gorras personalizadas nas que os nenos e nenas incorporaron palabras, expresións e fragmentos de textos de escritores e escritoras galegas. A través desta actividade creativa, o alumnado puido reflexionar sobre a importancia de conservar e utiliza

O Raposo Fachón
18 may2 min de lectura


II Encontro “Tecendo historias”
Unha mañá para compartir lecturas, creatividade e convivencia Con motivo da celebración do Día do Libro, organizamos a segunda edición do encontro “Tecendo historias”, unha xornada moi especial que nace co obxectivo de reunir ao alumnado e ao conxunto da comunidade educativa arredor dos libros, da lectura e das historias compartidas. Durante toda a mañá, a praza do Concello converteuse nun gran espazo de encontro no que os libros foron os auténticos protagonistas. Ademais dun

O Raposo Fachón
4 may3 min de lectura


Videoconferencia co CEIP San Benito de Lérez para descubrir o traxe do Peliqueiro
Nos últimos días tivemos a oportunidade de realizar unha enriquecedora videoconferencia co CEIP San Benito de Lérez, na que compartimos unha das tradicións máis representativas da nosa cultura: o traxe do Peliqueiro. Co obxectivo de explicar de maneira práctica e próxima todos os detalles desta figura tan importante do Entroido, contamos coa colaboración de dúas veciñas da nosa aldea que, desde hai anos, participan na preparación e no vestido dos Peliqueiros. A súa experienci

O Raposo Fachón
9 mar2 min de lectura


Entroido: Queremos un monte verde e con vida
Este Entroido foi unha ocasión perfecta para encher as rúas de Laza de cor, ilusión e, tamén, dunha mensaxe moi importante. Os nenos e nenas do noso centro participaron, xunto coas súas familias, no tradicional desfile polas rúas da vila, lucindo uns disfraces inspirados na temática do noso PDI, centrado nos incendios forestais e na importancia de coidar a natureza. A través das súas creacións quixemos facer unha pequena reivindicación para lembrar que os montes son fonte de

O Raposo Fachón
28 feb1 min de lectura


Cecilia e a súa boneca: unha historia para aprender sobre a igualdade
A nosa biblioteca converteuse recentemente nun espazo de encontro, reflexión e aprendizaxe grazas á representación teatral “Cecilia e a súa boneca”, unha actividade centrada na promoción da igualdade e dos valores que favorecen unha convivencia respectuosa e inclusiva. Esta iniciativa foi posible grazas á colaboración da asociación Ponte Farruca, que promove diferentes actividades culturais e sociais na nosa contorna, e que fixo posible que o noso alumnado puidese gozar desta

O Raposo Fachón
10 nov 20251 min de lectura
RECURSOS
bottom of page



