Entroido: Queremos un monte verde e con vida
- O Raposo Fachón

- 28 feb
- 1 min de lectura
Este Entroido foi unha ocasión perfecta para encher as rúas de Laza de cor, ilusión e, tamén, dunha mensaxe moi importante.
Os nenos e nenas do noso centro participaron, xunto coas súas familias, no tradicional desfile polas rúas da vila, lucindo uns disfraces inspirados na temática do noso PDI, centrado nos incendios forestais e na importancia de coidar a natureza.
A través das súas creacións quixemos facer unha pequena reivindicación para lembrar que os montes son fonte de vida e que é responsabilidade de todas e todos protexelos. Con cada paso do desfile transmitimos un desexo compartido: queremos un monte verde, cheo de vida e libre de incendios.
Agradecemos a implicación das familias, que unha vez máis colaboraron con entusiasmo para facer posible esta actividade. Grazas ao seu apoio, conseguimos converter o Entroido nunha celebración na que tradición, creatividade e compromiso co medio ambiente camiñaron da man.
Porque educar tamén é aprender a coidar, respectar e defender a nosa contorna.








Comentarios