23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO ✍🏻
- O Raposo Fachón
- 26 feb 2024
- 1 Min. de lectura
O 23 de febreiro conmemórase o “Día de Rosalía de Castro”. Defensora incansable da nosa lingua, esta poetisa e novelista galega foi unha peza fundamental no Rexurdimento Galego.
Dende o cole traballamos cos nenos e nenas a súa biografía e obra. Ademais, fixemos un xogo de preguntas, escoitamos algún dos seus poemas e coloreamos e montamos o libriño de @amestracris no que se recolle información relevante dunha das nosas escritoras máis ilustres.
Comments