CADERNO PDI LATEXO VERDE
- O Raposo Fachón

- 30 jun
- 1 min de lectura
Ao longo deste curso, dentro do PDI Latexo Verde, o alumnado de Infantil participou nunha chea de actividades e investigacións arredor dos contidos do proxecto.
Ademais de recompilar toda a información para a exposición final, as nenas e os nenos foron completando, pouco a pouco, o seu Caderno do Proxecto, no que recolleron os descubrimentos, aprendizaxes, debuxos, observacións e actividades realizadas ao longo destes meses.
Este caderno converteuse nun reflexo do traballo desenvolvido na aula e nunha valiosa lembranza de todo o aprendido durante esta apaixonante viaxe de investigación, curiosidade e coidado da natureza. Un xeito de poñer en valor o esforzo, a implicación e a evolución do alumnado ao longo de todo o curso.
Aqui deixamos unha mostra dun dos cadernos realizados.








Comentarios