Un pequeno carballo para seguir facendo latexar o verde
- O Raposo Fachón

- 1 jul
- 1 min de lectura
Como broche final ao noso PDI Latexo Verde, cada nena e neno levou para a súa casa un agasallo moi especial: unha pequena maceta cun carballo.
Este carballo simboliza todo o aprendido ao longo do proxecto sobre a importancia de coidar os nosos montes, respectar a natureza e contribuír á conservación do medio ambiente. Pero tamén representa a continuidade deste compromiso máis alá da escola, invitando ás familias a formar parte deste Latexo Verde.
Agora comeza unha nova misión: coidar este pequeno carballo, observalo medrar e lembrarnos cada día que, con pequenos xestos, todas e todos podemos contribuír a construír un futuro máis verde e sostible.
Agardamos que este carballo medre forte, igual que medrou a conciencia ambiental do noso alumnado ao longo deste fermoso proxecto.








Comentarios