top of page

O NOSO PROXECTO EN VÍDEO

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 1 jul
  • 1 min de lectura

Ao longo do desenvolvemento do PDI Latexo Verde, o alumnado converteuse no verdadeiro protagonista da súa aprendizaxe. Como broche final ao proxecto, as nenas e os nenos elaboraron unha serie de vídeos explicativos nos que compartiron, coas súas propias palabras, todo o que foron descubrindo e aprendendo durante este curso.


Nestes vídeos explican os diferentes contidos traballados, presentan os materiais elaborados e reflexionan sobre a importancia de coidar os nosos montes, previr os incendios forestais e respectar o medio natural.


Esta iniciativa permitiulles desenvolver as súas habilidades comunicativas, reforzar as aprendizaxes adquiridas e asumir un papel activo como divulgadores do coñecemento.


Con estes vídeos quixemos achegar o traballo realizado a toda a comunidade educativa, facendo partícipes ás familias e ao resto do alumnado de todo o proceso vivido durante o proxecto. Porque compartir o aprendido tamén é unha forma de seguir aprendendo e de facer que o noso Latexo Verde continúe chegando cada vez a máis persoas.


Alumnado de infantil


Alumnado 1º,2º,3º


Alumnado 4º,5º e 6º


Comentarios


bottom of page