25 de Novembro
- O Raposo Fachón

- 25 nov 2025
- 2 min de lectura
📢 No noso colexio vivimos comprometidos co 25N – Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Durante estas semanas realizamos numerosas actividades para educar, sensibilizar e fomentar valores de igualdade e respecto entre todo o alumnado. 💜
📚 Na biblioteca creamos un espazo especial con libros e recursos sobre a temática, para que nenas e nenos puideran achegarse á reflexión a través da lectura.
🎵 Traballamos a canción “La puerta violeta” de Rozalén, descubrindo a súa mensaxe e enchendo os corredores con portas violetas decoradas e fragmentos da súa letra.
📖 Tivemos sesións de contacontos, como O chuvasqueiro de Aurora, que nos axudaron a falar das emocións, dos límites e do valor de pedir axuda.
📝 O alumnado elaborou slogans e carteis, expresando ideas de igualdade e de rexeitamento de toda forma de violencia.
👟 Pintamos zapatos violetas, que se converteron nun símbolo moi visible de apoio. Con eles creamos unha instalación nos arredores do centro, aberta á cidadanía, que permanecerá exposta durante todo o mes. Agradecemos enormemente a colaboración de moitas persoas da contorna, que tamén achegaron os seus zapatos pintados e participaron na proposta. Gracias especialmente a:
* 🐞 Casa Niño Abelliñas de Retorta
* 🧸 Casa Niño Pisadiñas de Laza
* 🏡 Casas do Maior de Laza, Raigambre e Anxía
* 🌸 Asociación de Mulleres Rurais 3 de Maio de Laza
👵👴 Ademais, contamos coa visita de mulleres e homes da residencia de maiores, que trouxeron os seus propios zapatos violetas e compartiron connosco mensaxes de respecto e anécdotas.
📣 Para rematar, realizamos a lectura dun manifesto, no que o centro expresou o seu firme compromiso cunha educación baseada no respecto, a igualdade e a non violencia.
💜 Foi un mes cheo de aprendizaxe, creatividade e implicación colectiva.
Xuntas e xuntos educamos para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.
#25N #Igualdade #ContraAsViolencias #ComunidadeEducativa #EducarEnValores PuertaVioleta







Comentarios