top of page
Foto del escritorO Raposo Fachón

8M: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe é o 8M o día da muller traballadora. Dende o centro, como xa o indicamos outras veces, cremos importante recordar e recoñecer a historia dos dereitos políticos, sociais e económicos das mulleres e que tanto nenas como nenos continúen loitando por un mundo igualitario, libre de discriminación e violencia.


Así, para conmemorar este día, a parte de abordar a nivel aula este tema, decidimos crear unha composición fotográfica do 8M con fotos dos nenos e nenas.


Estas fotos fan alusión o cartel "We can do it" creado na segunda guerra mundial e que serviu de inspiración para promover a igualdade de homes e mulleres.






Primeiro baixamos todos xuntos á biblioteca, e investigamos sobre esta fotografía e o seu significado. Buscamos nos libros cos que contamos información sobre este tema, e posteriormente, creamos unha montaxe fotográfica con todos os membros do centro formando as letras 8 M.




1 visualización0 comentarios

Comments


bottom of page