Coñecer a importancia dos seres vivos que nos rodean e o impacto que teñen no medio é fundamental para a aprendizaxe dos máis pequenos. Para aprender a coidar os animais temos que entender como son, de que se alimentan, que precisan para vivir...
Esta semana contamos coa visita dunha familia do centro que ten colmeas de abellas. Comezamos a xornada lendo o conto "Mi vida de abeja" de Kirsten Hall e Isabelle Arsenault.
Logo, Jose Antonio trouxonos instrumentos que emprega no coidado das abellas e para obter os seus produtos. Falounos da importancia de preservalas para o medio, e do aprobeitamento do seu traballo, xa que todo aquilo que fabrican é beneficioso. Pudemos probar o mel, o polen, e observar en directo unha colmea dentro dun vidro. Ver as abellas dende tan preto foi moi instructivo.
Comments