AS SILVEIRAS DO TÁMEGA EN RADIO FACHÓN
- O Raposo Fachón
- 15 mar
- 1 Min. de lectura
O venres 27 de marzo tivemos un programa moi especial, cheo de música, de tradición e, sobre todo, de orgullo pola nosa cultura galega.
Estamos a celebrar o Día das Letras Galegas 2025, unha data que este ano rende homenaxe ás cantareiras e á poesía popular oral. Mulleres que, ao longo dos séculos, gardaron e transmitiron o noso legado, as nosas historias, a nosa lingua, a nosa identidade.
A Real Academia Galega decidiu poñer nome propio a este tributo, recoñecendo a labor de seis mulleres marabillosas: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira, de Muxía; e as Pandereteiras de Mens, Prudencia Garrido Ameijende, Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar, de Malpica de Bergantiños. Mulleres que puxeron voz e alma á nosa música tradicional, facendo que as cantigas viaxasen de xeración en xeración.
E quen mellor para falarnos deste legado que catro mulleres que seguen mantendo viva esta tradición? Hoxe temos connosco, no noso estudio de Radio Fachón, a tres compoñentes do grupo de pandereteiras As Silveiras do Támega, de Laza!
Foi unha honra telas no ocle con nós.
Grazas por compartir a vosa arte e a vosa paixón pola música galega cos nosos pequenos xornalistas, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria do CEIP O Castiñeiro de Laza, que fixo unha entrevista con moito entusiasmo.
Comments