Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Por iso, para conmemorar este ámbito, realizamos un experimento na biblioteca con todo o alumnado.
A proposta foi crear unha lámpada de ava. Os alumnos/as de infantil e primeiro debuxaron os ingredientes que facían falta e foron seguindo as indicacións da mestra ata formar as súas lámpadas.
Os nenos e nenas de 2º e 6º aventuráronse neste experimento de forma autónoma. Entregóuselle o material que necesitaban e unha ficha para ir facendo anotacións e buscaron un vídeo explicativo no ordenador. Con todo isto tiñan que crear a súa propia lámpada de lava.
A idea era que experimentaran con distintos materiais, mesturas e densidades.
Os resultados foron increíbles e os cativos e cativas estiveron encantados coa proposta.
Comentários