Novembro é o mes da ciencia en galego na biblioteca. Por iso, como último día deste mes, fixemos un experimento na biblioteca con todo o alumnado.
A proposta foi crear unha lámpada de lava. Os alumn@s de infantil e primeiro debuxaron os ingredientes que facían falta e foron seguindo as indicacións da mestra ata formar as súas lámpadas.
Os nenos e nenas de 2° a 6° aventuráronse neste experimento de forma autónoma. Púxoselle o material que necesitaban na mesa, un vídeo explicativo no ordenador e unha folla para ir facendo anotacións. Con todo iso tiñan que facer a súa propia lámpada.
A idea era que experimentaran con distintos materiais, mesturas e densidades.
Os resultados foron incríbles e os cativ@s estiveron encantados coa proposta.
Ademáis, creamos un recuncho con libros sobre esta temática.
Comments