CLUB DE LECTURA 2: O BOSQUE ANIMADO
- O Raposo Fachón

- 9 feb
- 1 min de lectura
Durante as sesións dedicadas á lectura de O bosque animado, o alumnado participou en diferentes actividades orientadas á comprensión e análise da obra.
Capítulos 1-6:
Nos primeiros capítulos, o alumnado realizou unha busca dos contidos máis relevantes de cada un deles, identificando personaxes, acontecementos e elementos destacados da narración. Ademais, seleccionaron e comentaron aqueles momentos que lles pareceron máis especiais ou significativos, compartindo as súas impresións co resto do grupo.
Capítulos 7-16
A medida que avanzamos na lectura, a maior complexidade da obra fixo necesario adaptar a dinámica de traballo. Por este motivo, levamos a cabo lecturas compartidas na aula, que permitiron unha mellor comprensión do texto. Estas sesións complementáronse con debates e conversas literarias nas que o alumnado puido intercambiar opinións, resolver dúbidas e reflexionar sobre os temas, os personaxes e as situacións presentes na obra.
Estas actividades contribuíron a fomentar o gusto pola lectura, a comprensión lectora e a participación activa do alumnado a través do diálogo e da reflexión compartida.






Comentarios