top of page

O
RAPOSO
FACHÓN
BIBLIOTECA DO CEIP O CASTIÑEIRO




CATÁLOGO BIBLIOTECA
Bibliotecas Escolares de Galicia
GUÍA
USO BIBLIOTECA
Enquisas docentes
Enquisa familias
Enquisas Alumnado

Buscar


CLUB DE LECTURA 5º-6º: OS ECOS DO LUME
Descubrindo a lectura Para iniciar esta nova aventura lectora, realizamos un divertido xogo do Aforcado, a través do cal o alumnado foi descubrindo pouco a pouco o título do libro. Esta actividade serviu para espertar a curiosidade e crear expectación arredor da historia que iamos compartir. Un percorrido polos capítulos Capítulo 1: A introdución e a atmosfera Nos primeiros compases da historia coñecemos a Noa e a súa chegada á aldea. A calor extrema, o cheiro a fume e unha c

O Raposo Fachón
15 jun3 min de lectura


CLUB DE LECTURA 4º: A MEMORIA DOS PINGÜÍNS
Despois da experiencia vivida coa súa primeira lectura, o alumnado de 4º de Primaria adentrouse nun novo libro dentro do Club de Lectura: A memoria dos pingüíns. A escolla desta obra está directamente relacionada co noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre os incendios forestais, permitindo seguir afondando nun tema de gran relevancia ambiental e social. A historia preséntanos a Aldán, un neno de catro anos que aínda está descubrindo e intentando comprender o mundo que

O Raposo Fachón
15 jun2 min de lectura


CLUB DE LECTURA: AS FADAS VERDES
No noso club de lectura, o alumnado de 2º e 3º tivo a oportunidade de mergullarse na lectura de As fadas verdes, unha obra de Agustín Fernández Paz que espertou moito interese e curiosidade entre o alumnado. Durante as sesións de lectura, non só nos limitamos a avanzar na historia, senón que tamén fixemos diferentes actividades para comprender mellor o texto e compartir impresións. Realizáronse debates nos que se puxeron en común opinións sobre os personaxes e os acontecement

O Raposo Fachón
1 jun1 min de lectura


CLUB DE LECTURA 2: O BOSQUE ANIMADO
Durante as sesións dedicadas á lectura de O bosque animado, o alumnado participou en diferentes actividades orientadas á comprensión e análise da obra. Capítulos 1-6: Nos primeiros capítulos, o alumnado realizou unha busca dos contidos máis relevantes de cada un deles, identificando personaxes, acontecementos e elementos destacados da narración. Ademais, seleccionaron e comentaron aqueles momentos que lles pareceron máis especiais ou significativos, compartindo as súas impres

O Raposo Fachón
9 feb1 min de lectura


CLUB DE LECTURA LIANA 2
Durante estas últimas sesións de lectura, o alumnado seguiu mergullándose na historia de “Liana e os árbores cantaríns”, unha proposta chea de maxia, natureza e aprendizaxe compartida. Ao longo das distintas sesións, realizouse unha lectura pausada e comprensiva do libro, na que os nenos e nenas non só leron, senón que tamén compartiron opinións, impresións e dúbidas, enriquecendo así a experiencia lectora a través do diálogo e da escoita activa. Para facer a actividade aínda

O Raposo Fachón
15 dic 20251 min de lectura


CLUB DE LECTURA 5º O BOSQUE ANIMADO
Esta semana iniciamos oficialmente o club de lectura co alumnado de 5.º de Primaria , unha das actividades máis especiais da nosa biblioteca. Este curso, todas as lecturas escollidas están vinculadas á temática do PDI “Latexo Verde” , centrado na natureza, a flora, a fauna e o noso patrimonio ambiental. Para comezar esta aventura lectora, escollemos unha obra moi significativa: O bosque animado , un libro perfecto para mergullarnos na maxia dos bosques e na súa vida agochada.

O Raposo Fachón
27 nov 20251 min de lectura


MEDO ME DÁ
O seguinte libro do club de lectura de 2º de primaria foi Medo me dá de Ramón D. Veiga. Neste libro ensina que os montros tamén teñen...

O Raposo Fachón
12 jun 20251 min de lectura


SOMOS OS MONSTROS
O primeiro libro do club de lectura do grupo de 2º de Primaria foi Somos os Monstros de Paula Carballeira. Para comezar este libro,...

O Raposo Fachón
10 mar 20251 min de lectura
RECURSOS
bottom of page



