CLUB DE LECTURA 2023
- O Raposo Fachón
- 24 ene 2024
- 2 Min. de lectura
Comezamos o Club de Lectura "O Castiñeiro de papel coa lectura dos tres libros elexidos para cada un dos grupos"
3º E. PRIMARIA: "UN GATO DE CAMPIONATO"

(edición en galego)
MERCE CANALS
EDICIONS DO CUMIO- 9788482896045
PÁXINAS: 48
"O seu desexo é ter un gato e chamarlle León. Algo que o seu avó malinterpreta ao leer a súa carta de aniversario ao non levar lentes. O que leva á toda a familia a embarcarse nunha aventura surrealista para poder regalarlle un león. Unha narración amena con moita dose de humor que engancha tanto a nenos como maiores... Un cómic que fará do cotián, situacións inesperadas e divertidas. Un cómic feito para rir e gozar con cada páxina"
2º E. PRIMARIA: "MIÑOCA E OURIZO"

(edición en galego)
RAMON D. VEIGA
XERAIS- 9788411102872
"Miñoca coñece un ourizo cacholán que di ser faquir, encantador de miñocas e lanzador de pugas pero... será certo?
Miñoca coñece un ourizo cacholán que di ser faquir, encantador de miñocas e lanzador de pugas pero... será certo? Outra aventura de Miñoca onde volve quedar claro que para ser amigos abonda cunha boa pizza carbonara. E con extra de queixo!
Miñoca coñece un ourizo cacholán que di ser faquir, encantador de miñocas e lanzador de pugas pero... será certo? Outra aventura de Miñoca onde volve quedar claro que para ser amigos abonda cunha boa pizza carbonara. E con extra de queixo!"
4º, 5º E. PRIMARIA: "A PREDICION DE ALOIA"

(edición en galego)
DAVID LORENZO
EDICIONS DO CUMIO- 9788482895376
"Contan as antigas lendas, que hai moito tempo, unha pequena aldea norteña, viuse ameazada polos incesantes ataques dunha criatura ancestral, o temido “ Urco”. A poboación viuse mermada nos últimos meses e as acometidas cada vez máis frecuentes facían prever o peor. Aquela noite celebrábase un ritual milenario no poboado, as circunstancias deran un ilexítimo protagonismo a un valente pero inexperta Aloia. Todas as miradas centrábanse nela, era a única de entre os máis novos que burlara ata o momento o implacable olfacto do temido cazador. A predición da druída decretaría o seu futuro.
Comments