Durante este curso seguimos co noso club de lectura organizado dende a biblioteca de Fachón. Desta vez, ademáis de ter 3 grupos en primaria, como o ano pasado, incorporamos un grupo de lectura de mestres e mestras.
Nos grupos de primaria realizamos actividades como búsquedas do tesouro, Kahoot, xogos de pistas, invención de historias, creación de personaxes, investigación dos autores ...
Tamén engadimos este curso unha sección de lectura en inglés. Cada grupo leu un libro nesta lingua coa mestra de inglés e a nosa auxiliar de conversa, e realizamos tamén actividades como descripción de persoaxes, xogos interactivos, adiviñanzas e creamos un marcapáxinas en inglés.
Por útlimo, no grupo de mestres e mestras, lemos un libro de poesía, polo que durante as nosas reunións cada un lia en alto un poema completo, e logo facíamos unha pequena reflexión sobre o seu significado.
No seguinte enlace podemos ver os distintos libros que lemos durante todo o ano.
Comments