CLUB LECTURA 3°, 4° EP LOS DARLING
- O Raposo Fachón
- 9 abr
- 1 Min. de lectura
Hoxe tivemos a primeira reunión do segundo libro do noso Clube de Lectura de 3º e 4º de Primaria!
Nesta ocasión, mergullámonos nas páxinas de Los Darling de Mónica Rodríguez 📖✨
Esta divertida obra de teatro lévanos a un hotel no medio do bosque, rexentado pola encantadora familia Darling. Unha noite de lúa chea, chegan hóspedes moi especiais: vampiros, zombis, monstros… e tamén moito humor! Unha historia chea de enredos, risas e momentos para reflexionar.
Durante a sesión, compartimos ideas, rimos moito e…
construímos o noso propio xogo de memoria con todos os personaxes! 🧠🃏
Cada neno/a creou unha parella de cartas para lembrar quen é quen nesta historia tan monstruosamente divertida.
E por se fose pouco, puxemos a proba a nosa memoria cun Kahoot sobre os personaxes:
Grazas a todos por facer do libro un punto de encontro tan cheo de maxia e creatividade!
Seguimos lendo, soñando e compartindo!



Comments