top of page

CONTA CONTOS VEXO VEXO XACOBEO

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 16 may
  • 1 Min. de lectura

CONTACONTOS: "Trobador e Burlón - VEXO, VEXO XACOBEO"


📚🐢✨



Con motivo do proxecto “Vexo Vexo Xacobeo”, integrado dentro do Plan Proxecta, o alumando asistiu no día de onte a unha divertida e didáctica representación teatral na biblioteca, titulada O camiño con Trobador e Burlón 🎭📖.



Este proxecto é un programa educativo da Consellería de Educación que busca achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago, ao tempo que traballa conceptos vinculados á súa contorna social e cultural.



No CEIP O Castiñeiro seguimos comprometidos coa cultura, a nosa terra e a lingua galega 🌿🗣️, apostando por unha educación con raíces e emoción.



Grazas ao programa Vexo Vexo Xacobeo por traer ao noso centro esta marabillosa experiencia!





 
 
 

Kommentare


bottom of page