Desta contamos con Tania Veiga, natural de Laza que dende 2014 se adica exclusivamente á danza africana.
Como mestra axúda a gozar de toda a vitalidade que como bailarina experimenta co seu grupo de Perfusión.
"Sigo aprendendo cunha formación académica que me axuda a comprender mellor estas culturas e o continente. En 2021 rematei o máster da Universidade Complutense de Madrid "Cultura e pensamento dos pobos negros" e o curso que ofrece a Universidade de Murcia sobre "Historia precolonial da África Subsahariana". Comparto o que estou aprendendo a través do Blog e en diversos actos xunto coa Asociación Cultural Galinke."
Editorial : Libros de las Malas Compañías; N.º 1 edición (12 octubre 2015)
Idioma : Español
Tapa dura : 122 páginas
ISBN-10 : 8494264893
ISBN-13 : 978-8494264894
Peso del producto : 840 g
UNSPSC-Code : 55101500
É noite na Baixa Casamance, á luz da fogueira escóitanse unhas palabras: "Vou contar unha historia".Os que escoitan responden: "Escoitámoste".E agora comezan as historias que falan de dragóns que traen a choiva, de serpes que se transforman en humanos, de sereas que se esconden nos pantanos... Con elas ensínase que quen non ten cicatrices é porque non é humano, quen non ten cicatrices. que se gasta só no necesario, que sempre se premia o traballo e o coidado dos demais?Contos que foron escoitados na lingua propia, seleccionados entre os máis de cen recollidos, editados e ilustrados con imaxes creadas polos mesmos nenos que nos contaron os contos.Este é un libro completo, pois, onde palabra e imaxe van da man e nos conducen polo mundo da imaxinación da Baixa Casamance.
Comments