✨ "CONTO DO ENTROIDO"! 🎭📖 ✨
- O Raposo Fachón
- 20 mar
- 1 Min. de lectura

Hoxe, no colexio de Laza, da man de "Manuela Contacontos", vivimos unha xornada máxica coa representación do "Conto do Entroido"! Un espectáculo cheo de risas, emocións e tradición, onde descubrimos a historia de Antela, unha nena que aprende a perderlle o medo aos peliqueiros e a sentir o Entroido como algo propio.
📚🎭 A través dos contos e da narración oral, mergullámonos nas personaxes máis emblemáticas do noso Entroido: peliqueiros, felos, pantallas e moito máis! Porque o Entroido non se observa, vívese con paixón!
💛 Manter vivas as nosas tradicións é un tesouro. Que nunca nos falte a alegría do Entroido nin as historias que o fan eterno!



Comments