top of page

Desenvolvemento da organización e o funcionamento das bibliotecas escolares

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 20 ene
  • 2 Min. de lectura

Resolución do 2 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da organización e o funcionamento das bibliotecas escolares





Modelo de biblioteca escolar na convocatoria PLAMBE 2024/25


Disposición adicional primeira da convocatoria PLAMBE 2024/25, que contén as directrices ás que se debe ater unha biblioteca PLAMBE.





Documento que contén información xeral sobre a adaptación da CDU ás bibliotecas escolares, as sinaturas topográficas e a organización dos fondos documentais.





Adaptación das táboas da CDU para as bibliotecas escolares galegas - versión abreviada

CDU adaptada ás bibliotecas escolares galegas na súa versión abreviada (con dous díxitos) que se emprega na maioría de centros educativos que escolarizan alumnado de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria.



Adaptación das táboas da CDU para as bibliotecas escolares galegas - versión estendida

CDU adaptada ás bibliotecas escolares galegas na súa versión estendida (con tres díxitos) que se emprega habitualmente en centros educativos que escolarizan alumnado de bacharelato, formación profesional e outros centros que precisan dunha maior especificidade na catalogación dos fondos documentais.

É un documento que serve de axuda tamén no labor de catalogación en centros que utilizan a versión abreviada.



Táboa simplificada da CDU

Táboa moi simplificada da CDU adaptada ás bibliotecas escolares galegas.


Listaxe de termos de materia para as bibliotecas escolares galegas

Documento de apoio á catalogación no referido aos termos de materia. 



Avaliación crítica dos fondos

A colección da biblioteca escolar debe responder ás necesidades das persoas usuarias en materia de lectura e de información e, por suposto, cubrir todas as áreas de aprendizaxe propias das ensinanzas que imparte o centro. Os fondos da biblioteca escolar constitúen un recurso dinámico orientado a ofrecer unha colección de calidade e pertinencia para a comunidade de usuarias e usuarios, polo que deben estar sometidos a un labor continuado de mantemento, a través de catro operacións técnicas: avaliación, selección, adquisición e expurgación.


Bibliotecas escolares ¿entre interrogantes?

Guía para a autoavaliación das bibliotecas escolares, que pretende facilitar ao equipo de biblioteca radiografiar as súa propia biblioteca, contribuír á mellora da súa práctica neste ámbito e potenciar o uso deste recurso educativo en beneficio dunha educación máis adaptada ás necesidades do alumnado actual.





 
 
 

Comentarios


bottom of page