top of page

DÍA DO LIBRO

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 2 may 2022
  • 1 Min. de lectura

O 23 de Abril celébrase o día do libro co fin de fomentar a lectura e valorar a importancia desta. Así, no CEIP O Castiñeiro, quixemos organizar varias actividades relacionadas con este día. Entre elas, planificamos unhas sesións de radio escolar e ademais quixemos celebrar ese día organizando un encontro de lectura no patio do centro.

Para iso, tivemos que esperar a que fixera bo tempo e poder desfrutar en todos os sentidos dun momento de lecer e lectura compartida e individual. Os nenos e nenas dos distintos niveis ian baixando por cursos para realizar a hora de ler no patio. Eles e elas podían coller o libro que máis lle chamara a atención e lelo con tranquilidade en calquera zona do patio que quixeran. Así mesmo, un grupo de alumnos e alumnas de 6º de primaria léronlle dous contos aos nenos e nenas de infantil.

Tamén aproveitamos este día para presentar a nova mascota da biblio e do centro: o raposo Fachón, o cal nos acompañará ao longo do curso e esperemos que durante moitos anos.


Algunhas veces orientamos só o momento de lectura dentro da aula ou da biblioteca, esquecendo que ler é unha actividade que podemos facer en calquera sitio que sexa agradable para os nenos e nenas.

Deixamos algunhas fotos do resultado da actividade.













 
 
 

Comments


bottom of page