EXPOSICIÓN PDI "CONTOS QUE COBRAN VIDA"
- O Raposo Fachón
- 8 jun
- 1 Min. de lectura
Durante este curso escolar aventurámonos en realizar o noso primeiro proxecto documental integrado. Despois de varios meses investigando diversidade de aspectos e ámbitos sobre o teatro decidimos recopilar esta información nun mural.
Este mural está na entrada da escola para que ademais do alumnado, as familias poidan ver o traballo realizado polos seus fillos e fillas.

O alumnado de infantil elaborou un mural onde se recollen os diferentes tipos de teatro.
O alumnado de 4º,5º e 6º creou unha noria informativa da historia e aspectos destacados do teatro.

O alumnado de 1º,2º e 3º organizou os elementos do teatro e ademais creou tres vídeos para explicar os diferentes xéneros do teatro.
Así mesmo os de infantil, cun collage de palabras, explican o que é o teatro.
Finalmente, cada aula dedicouse a investigar un escritor/ar de teatro, plasmando a información nunha caixa de cartón onde se ve reflectida a cara do autor/a, o nome e unha descrición da súa vida e traballo.

Comments