Co arrinque este curso do horto escolar, decidimos dende a biblioteca crear un espazo adicado a publicacións sobre esta temática. Deste xeito, o alumnado e profesorado ten un sitio no que consultar e buscar información sobre o coidado dos cultivos, o emprego do composteiro, os tipos de agricultura que se poden levar a cabo, como coidar do horto, as épocas do ano nas que se pode sementar e plantar... Aquí tedes algunha fotos deste recuncho.
top of page
bottom of page
Comments