top of page

INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 27 may
  • 1 Min. de lectura

BIBLIOTECA INAUGURADA!!! Onte foi un día emotivo para o centro, despois de anos e anos de perseguir un cambio e tras meses de obras, onte puidemos inaugurar oficialmente a nosa biblioteca.



Neste acto, tivemos a oportunidade de contar con Judith (directora xeral de educación), Jorge (director territorial), Roberto (inspector) e Loli (asesora de bibliotecas). Este equipo tivo a oportunidade de ser os nosos primeiros exploradores e coñecer de primeira man cada recuncho deste espazo. Moitas grazas por asistir e participar activamente neste encontro.



A biblioteca é o corazón dunha escola e por fin temos a sorte de que empece a bombear, a funcionar. Pero nada disto sería posible sen o esforzo compartido. Por iso queremos dar as grazas ás familias do alumnado que colaboraron activamente nesta reforma. Co voso traballo, tempo e ilusión fixestes realidade un proxecto que levabamos tempo soñando.❤️



Tamén queremos agradecer ao equipo docente actual e aqueles mestres/as que nos acompañaron nalgún momento e loitaron por este soño. Así como dar as grazas aos cativos e cativas que axudaron en todo o posible nesta reforma.



Por último mencionar a dirección do centro polo traballo e dedicación, por decir sí ao cambio, por querer que a escola do rural creza e se converta no mellor lugar para os pequenos e pequenas.



Que esta biblioteca sexa un faro que ilumine os camiños do saber, que axude a formar persoas curiosas e comprometidas e que, sobretodo, siga sendo un lugar onde cada neno e nena se sinta feliz.🥰🥰





 
 
 

Comments


bottom of page