INFORMACIÓN FAMILIAS PDI
- O Raposo Fachón

- 30 sept
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 4 dic
Comezamos o PDI “Latexo Verde”!
Antes de poñernos mans á obra co novo Proxecto Documental Integrado “Latexo Verde”, centrado nos incendios forestais e na riqueza da nosa flora e fauna autóctona, desde a biblioteca quixemos dar un primeiro paso fundamental: informar ás familias sobre os obxectivos, contidos e liñas de traballo que desenvolveremos ao longo dos próximos meses.
A través dunha comunicación inicial, explicouse o sentido deste proxecto, que nace da necesidade de coñecer mellor o noso contorno natural, comprender o impacto dos lumes e poñer en valor a importancia de coidar e protexer os ecosistemas que nos rodean.
Ademais, convidamos ás familias a participar de forma activa naquelas actividades nas que se sintan cómodas ou nas que poidan aportar a súa experiencia persoal.Tamén lles abrimos as portas a colaborar mediante o envío de material, recursos, información, fotografías, testemuños ou calquera achega que consideren interesante e útil para o desenvolvemento do proxecto.
“Latexo Verde” é un camiño que queremos percorrer en comunidade, facendo da biblioteca un espazo de encontro, aprendizaxe e conservación da natureza.Grazas de antemán por sumar e por facer deste proxecto un latexo con máis forza ca nunca!






Comentarios