top of page

INVESTIGACIÓN PDI 2º TRIMESTRE

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • hace 1 día
  • 2 Min. de lectura

Durante este segundo trimestre, todo o alumnado do centro continuou coa súa investigación do noso PDI "Latexo Verde". Neste trimestre centrámonos no coñecemento e coidado do noso entorno natural en Laza, abordando diferentes aspectos segundo as idades.


O alumnado de Educación Infantil mergullouse no estudo dos animais autóctonos da zona. A través de actividades adaptadas, descubriron que especies viven no noso entorno e reflexionaron sobre como os incendios forestais poden afectar os seus hábitats, provocando a perda de fogar e dificultando a súa supervivencia. Neste trimestre tiveron como referente o libro "Esperando o Amencer" da editorial Kalandraka que plasma o lamento contra os devastadores incendios que aniquilan os bosques, na voz das criaturas que os habitan.


Para recoller toda a información crearon os seus propios animais de Laza, que pasarán a formar parte da exposición final, con información sobre estes e como afecta os incendios aos animais. Empregaron os recursos da biblioteca para investigar os animais nos diferentes libros e tamén empregaron as guías desplegables da editorial Tundra.

Así mesmo, traballaron o vocabulario dos animais autóctonos a través das tarxetas Montessori.



Pola súa banda, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria centrou o seu traballo nas plantas autóctonas. Investigaron as súas características, a súa importancia para o ecosistema e tamén analizaron como os incendios inflúen na súa conservación, así como na recuperación do monte despois do lume. Unha das actividades que emprenderon foi a realización dun herbario coas diferentes plantas da contorna.





Finalmente, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria levou a cabo unha investigación sobre as especies invasoras presentes na zona e a súa relación cos incendios. Afondaron en como estas especies poden alterar o equilibrio natural e, nalgúns casos, favorecer a propagación do lume debido ás súas características.





Este proxecto permite traballar de maneira globalizada, fomentando a curiosidade, o pensamento crítico e o respecto polo medio ambiente. Ademais, contribue a que o alumnado tome conciencia da importancia de coidar o noso entorno e de previr os incendios, un problema que afecta directamente á nosa comunidade.


 
 
 

Comentarios


bottom of page