INVESTIGACIÓN PDI 3º TRIMESTRE
- O Raposo Fachón

- 5 jun
- 1 min de lectura
Actualizado: 5 jun
🌱🔥 O que traballamos no terceiro trimestre 🔥🌱
Durante o terceiro trimestre continuamos afondando no noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre os incendios forestais, adaptando os contidos a cada nivel educativo:
👶 Aula de InfantilO alumnado de infantil coñeceu os distintos medios de transporte e ferramentas empregadas na extinción de incendios (helicópteros, camións, mangueiras…).Tamén traballaron a importancia das persoas que participan nesta tarefa, destacando a figura da BRIF de Laza e as partes do traxe dos bombeiros, e aprenderon os números de emerxencia para actuar correctamente en caso de incendio.
🌳 Aulas de 1º, 2º e 3ºNestes cursos centráronse no proceso de recuperación do monte tras un incendio:➡️ A reforestación➡️ A retirada dos restos queimados
Como actividade práctica, elaboraron unha maqueta na que representaron a evolución do monte co paso dos anos despois dun incendio, comprendendo así que a natureza precisa tempo e coidados para rexenerarse.
🌲 Aulas de 4º, 5º e 6ºO alumnado de cursos superiores afondou en aspectos máis complexos como:➡️ A lexislación ambiental➡️ A importancia da ordenación e limpeza do monte
Reflexionaron sobre a necesidade de normas e unha boa xestión forestal para previr incendios e protexer o medio.








Comentarios