top of page

UN NOVO COMEZO PARA A BIBLIO

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 21 oct 2021
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 18 feb 2022

Este ano 2022, imos comezar dándolle un novo sentido e orde á biblioteca do centro. Queremos convertela no eixe central das actividades do centro, a partir da cal se organicen e deseñen diferentes propostas que inviten ao alumnado a alcanzar distintas aprendizaxes.

Desta forma creouse unha mascota tanto de biblioteca como de centro chamado o Raposo Fachón. Este nome, xorde da tradición de entroido de Laza de acender os fachóns. Este simpático animal, guiaranos en todas as propostas e deixaranos algunha que outra sorpresa.

Así mesmo, outro dos obxectivos que queremos perseguir e a renovación da biblioteca. Para iso, na medida do posible, estase reorganizando e pondo novo mobiliario neste espazo para facelo un sitio acolledor que invite aos nenos/as a desfrutar de experiencias lectoras.

Outro dos aspectos a destacar é a creación desta páxina web onde se subirán todas as novidades relacionadas coa biblioteca.


 
 
 

Comments


Commenting on this post isn't available anymore. Contact the site owner for more info.
bottom of page