PDI DO CENTRO
- O Raposo Fachón
- 20 mar
- 1 Min. de lectura

Este curso escolar levaremos a cabo un proxecto conxunto (todo o centro) que xirará en torno ao Teatro. O título deste proxecto é "Contos que cobran vida" e recollerá todo aquilo relacionado con este mundo e por suposto, seguindo o lema das @bescolaresgal, este curso os nenos e nenas do Castiñeiro SAEN A ESCENA!!Esta iniciativa, é unha forma de xerar e estimular novas formas de aprender ademais de favorecer a cohesión e o traballo entre todo o alumnado do centro.
Concretamente, os proxectos documentais integrados (PDI) son actividades nas que o alumnado, ademáis de investigar sobre un tema ou problema concreto, familiarízase cos mecanismos de búsqueda de información e traballo intelectual empregando os recursos documentais da Biblioteca Escolar.Son proxectos porque se desenvolven mediante unha metodoloxía activa e colaborativa para desenvolver competencias clave. Son documentais porque a partir dos documentos que atesouran as nosas bibliotecas escolares axudan aos rapaces e ás rapazas a construír o seu coñecemento, ser creativos e capaces de comunicar o que entenden. Por fin, son integrados porque ademais permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para acercar o mundo escolar á vida diaria.Para levar a cabo este proxecto, envíamos un tríptico as familias con toda a información, así como pedindo a súa colaboración.Para presentarlle o proxecto aos nenos/as, durante a semana pasada chegoulle unha maleta sorpresa a aula cunha carta do raposo Fachón(mascota da biblioteca) e con elementos que facían alusión ao teatro. Os cativos e cativas tiñan que explorar a caixa e os distintos elementos ata descubrir cal ía ser o tema a traballar.Que ganas de seguir indagando no mundo do teatro!!🤩🤩





Comments