REMODELACIÓN BIBLIOTECA - FASE I


Avanzamos na remodelación da nosa biblioteca escolar!
Estamos moi felices de compartir os grandes avances na renovación da biblioteca do noso colexio. Grazas ás axudas económicas da Consellería de Educación e ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares aprobado para este curso, estamos conseguindo transformar este espazo nun lugar máis acolledor e funcional para o noso alumnado.
Este proxecto non sería posible sen ao traballo incansable do profesorado durante os útimos catro cursos e a colaboración das familias do noso alumnado. Xuntos estamos a construír un espazo no que fomentar a lectura, a creatividade e o coñecemento.
Continuamos traballando en programas como o Club de Lectura, Radio Escolar, Proxectos de formación do profesorado e tanto outros. Seguiremos compartindo os progresos desta emocionante transformación. Grazas por formar parte deste proxecto tan especial!








Comentarios