top of page

VISITA A BRIF DE LAZA

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • hace 1 día
  • 1 Min. de lectura

Andaina de fin de trimestre: aprendendo coa natureza no marco do PDI "Latexo Verde"


Como xa é tradición ao rematar cada trimestre, as nenas e nenos do centro participaron nunha andaina pola contorna co obxectivo de coñecer mellor o noso entorno natural, conectar coa natureza e fomentar hábitos saudables a través do deporte.


Nesta ocasión, o destino foi a BRIF de Laza, onde viviron unha xornada inesquecible chea de aprendizaxes e experiencias prácticas relacionadas coa prevención e extinción de incendios, todo elo enmarcado no noso PDI "Latexo Verde".


Durante a visita, o alumnado puido coñecer de primeira man a importante labor que realizan estes profesionais. Aprenderon sobre o seu día a día, os medios que empregan e a importancia do seu traballo para a protección do noso medio natural.


Ademais, tiveron a oportunidade de poñerse en acción: practicaron co batelumes e coas mochilas de auga, experimentando como se combate o lume no monte. Tamén coñeceron de preto o camión motobomba e mesmo puideron probar as mangueiras, unha actividade que resultou moi emocionante.



Sen dúbida, un dos momentos máis destacados da xornada foi descubrir o helicóptero co que traballan e asistir a un simulacro real de actuación contra incendios. Esta experiencia permitiulles comprender mellor a complexidade e a coordinación necesarias neste tipo de intervencións.

Foi unha actividade moi enriquecedora, na que o alumnado non só gozou do contacto coa natureza e da actividade física, senón que tamén adquiriu coñecementos moi valiosos sobre a prevención dos incendios e o coidado do medio ambiente.

Unha xornada para lembrar o noso compromiso co entorno dentro do proxecto "Latexo Verde".

 
 
 

Comentarios


bottom of page